O equipo

O proxecto PALCOS conta cun equipo de traballo composto por investigadoras e investigadores de diversas institucións.

O grupo motor constitúeo un conxunto de antropólogas e arqueólogas do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT, CSIC) con ampla experiencia no estudo dos procesos de patrimonialización, a arqueoloxía do mundo contemporáneo e  a arqueoloxía da paisaxe. Este grupo está liderado por Iñigo Sánchez-Fuarros (IP do proxecto) e inclúe a Cristina Sánchez-Carretero, Candela Morado, Cristina Incio del Río, Fátima Rodríguez Porto e Paula Sánchez Carrera.

Presentación do proxecto nas Festas de Sao Cristovo (O Eixo, Santiago de Compostela), xullo de 2023. Fotografía: Víctor García del Arco

Ademais, o equipo conta tamén coa participación da antropóloga Lee Douglas (Goldsmith, University of London), o arquitecto Pablo Arboleda (CCHS, CSIC), a arqueóloga Laura Muñoz Encinar (Universitat de Barcelona), a artista sonora Matilde Meireles (University of Oxford), o geógrafo Daniel Paiva (Universidade de Lisboa), o antropólogo Víctor del Arco (Universitat de Salamanca), o fotógrafo Luis Díaz Díaz e o filólogo Zósimo López Pena (Universidad de Santiago de Compostela).

O deseño e asesoramento na dimensión participativa do proxecto está a cargo da cooperativa Rexenerando.

——> Aliadas