PALCOS en festa! Celebrando o patrimonio festivo
24 de outubro de 2025
Ao longo desta tarde aberta ao público, presentaranse os achados e creacións desenvolvidas polo proxecto PALCOS e os seus colaboradores, amosando como estas estruturas aparentemente simples encerran historias complexas de tradición, comunidade e identidade.
Arqueoloxía da festa | Instalación multi-modal
22 de outubro ao 22 de novembro de 2025
Esta instalación multi-modal rastrea os sedimentos acústicos dun campo da festa abandonado en Portomouro (Val do Dubra), na Galicia rural. Usando o son como a nosa ferramenta arqueolóxica principal, este proxecto revela como as paisaxes gardan pegadas temporais—capas de celebración humana gradualmente negociadas co mundo máis que humano.
PALCOS en perspectiva: ollada colectiva e horizontes de futuro
3 de outubro de 2025
Esta xornada de traballo teñe como finalidade presentar, dende unha perspectiva institucional, o percorrido do proxecto Palcos: dende a súa conceptualización inicial ata os resultados e conclusións obtidas ata o momento.

Prospección arqueolóxica en Portomouro
20 e 21 de xullo de 2025
Os próximos 20 e 21 de xullo estaremos realizando un exercicio de prospección arqueolóxica no antigo campo da festa de Portomouro. O obxectivo é documentar os restos arquitectónicos de antigas estruturas festivas e os elementos da cultura material asociados ás celebracións.
PALCOS na EOI de Ferrol
4 de decembro de 2024
Tivemos o pracer de participar no programa de actividades de dinamización do galego promovidas pola Escola Oficial de Idiomas de Ferrol cunha charla sobre festas, palcos de música e as transformacións da sociedade galega.
X Encuentro Cultura y Ciudadanía
23 de setembro de 2024
PALCOS foi un dos proxectos elixidos para participar no 10 Encontro Cultura e Cidadania, que se celebra en Santiago de Compostela os días 23 a 26 de setembro de 2024.

Participamos no SOPA 2024
2 de setembro de 2024
O proxecto PALCOS estará presente no XII Congreso Internacional de Socialización do Patrimonio no Medio Rural
PALCOS na 18th EASA Biennial Conference
23 de xullo de 2024
A equipa do proxecto PALCOS participou no 18 congreso da European Association of Social Anthropologists (EASA) que se celebrou en Barcelona entre os dias 23 e 26 de xullo de 2024.
XX Xornadas Interxeracionais Rurais de Cabreiros
1 de xuño de 2024
Participamos nas XX Xornadas Interxeracionais Rurais de Cabreiros, no Concello de Xermade, onde tivemos a oportunidade de presentar os avances do proxecto.
Xornada da Biblioteca de Galicia ao redor do patrimonio sonoro
31 de maio de 2024
Presentamos o proxecto PALCOS nas xornadas técnicas da Biblioteca de Galicia, que este ano están dedicadas á conservación do patrimonio sonoro.

Matilde Meireles en residencia artística
06 de maio de 2024
A artistas sonora e investigadora Matilde Meireles estará a facer unha residencia artística connosco entre os días 6 e 22 de maio de 2024.

Xornada (Re)pensar a verbena | Marzo 2024
09 de Marzo de 2024
Esta xornadas teñen como finalidade reflexionar sobre estas e outras cuestións ao carón dos avances e inquietudes do proxecto de investigación “PALCOS. Cultura material e festa na paisaxe rururbana galega”. Con este fin reunimos a unha serie de persoas e colectivos vinculados de formas diversas á festa para unha conversación aberta sobre o pasado, presente e futuro das festas parroquiais en Galicia.
Obradoiro en Monterroso (Lugo) | Novembro 2023
30 de Novembro de 2023
O próximo día 30 de novembro realizaremos un novo obradoiro de mapeo en Monterroso (Lugo) en colaboración coa asociación Agrocuir.
Obradoiro en Valga (Pontevedra) | Outubro 2023
23 de Outubro de 2023
Outro obradoiro, esta vez en Valga (Pontevedra), da man da asociación O Baixo Ulla, a Rede de Patrimonio Cultural e Os Penoucos Asociación Cultural.
G-NIGHT | Palcos con historia(s)! | Setembro 2023
29 de Setembro de 2023
Participamos na Noite Galega dos Investigadores (G-NIGHT), onde presentamos o proxecto e convidamos os asistentes a mapear palcos con nos.
XIV Jornadas de Jóvenes sobre Investigación Arqueológica | SETEMBRO 2023
9 de Setembro de 2023
O proxecto PALCOS estivo presente nas Xornadas de Xóvenes sobre Investigación Arqueolóxica celebradas en Lisboa cun relatorio titulado «Arqueología de la Fiesta. Arquitectura y crisis en el paisaje gallego´´.
Obradoiro en Ourense | Setembro 2023
20 de Setembro de 2023
Obradoiro de mapeo colaborativo en Ourense, coa colaboración da Asociación Cultural Algaravia e a organización da man da Asociación Rexenerando.
Obradoiro en Santiago de Compostela | Xullo 2023
19 de Xullo de 2023
Primeiro obradoiro de mapeo colaborativo organizado pola Asociación Rexenerando coa colaboración da Gentalha do Pichel e AGANTRO.

Presentación do proxecto e roteiro polos campos da festa do Eixo | Xullo 2023
10 de Xullo de 2023
Presentación do proxecto PALCOS no marco da programación das Festas de San Cristovo do Eixo.
