Os obxectivos xerais do proxecto PALCOS son
- Contribuír ao coñecemento sobre a cultura popular galega a partir do estudo da materialidade das verbenas e das festas parroquiais no territorio galego, atendendo á importancia simbólica que se lles confire como elementos configuradores das relacións de sociabilidade e pertenza ao territorio;
- Desenvolver unha nova liña de traballo no INCIPIT que vincule etnografía, arqueoloxía e investigación artística.
Á súa vez, o proxecto está estruturado ao redor dos seguintes obxectivos específicos:
- Localizar, documentar e inventariar os palcos e campos da festa espallados polo territorio galego.
- Analizar a evolución morfolóxica e funcional dos palcos e da contorna construída do campo dá festa para lograr unha mellor compresión da relación entre forma, tamaño e localización destas estruturas e a evolución da festa (modelo, organización, escala, etc.), así como das orquestras e formacións musicais que participan nelas.
- Cuestionar e ampliar a noción de patrimonio cultural ao centrar a mirada en certos obxectos patrimoniais que non se adoitan ter en conta habitualmente nos discursos patrimoniais autorizados.
- Incorporar unha perspectiva de ciencia cidadá que involucre ao público xeral nas distintas fases e niveis da investigación e permita activar formas de intelixencia colectiva e de innovación cidadá.
- Contribuír ao deseño de modelos de convivencia abertos, horizontais e participativos que permitan construír espazos de encontro e relación en contornas rururbanos ameazados pola crise demográfica e a criseecosocial.
