Cabreiros converteuse un ano máis no escenario das XX Xornadas Interxeracionais Rurais: Aprendendo cos Nosos Maiores, que se celebraron os días 25 de maio e 1, 8 e 14 de xuño. Varios integrantes do proxecto tivemos a oportunidade de presentar tanto os avances do proxecto como algunhas das iniciativas desenvolvidas, como o mapa colaborativo de palcos e a exposición «Botamos un baile?», comisariada polo noso colega Zósimo López.
