A artista sonora e investigadora Matilde Meireles fará unha residencia artística connosco entre os días 6 e 22 de maio de 2024. Esta residencia desenvólvese dentro do programa de Residencias Incipit de investigación e creación artística, promovido polo Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT, CSIC) en colaboración coa Fundación Cidade da Cultura de Galicia.
Matilde posúe unha ampla experiencia realizando gravacións de campo orientadas á produción de instalacións e obras site-specific. Durante a súa residencia, colaboraremos na concepción e desenvolvemento dunha intervención artística sobre a materialidad –e a sonoridad– dos palcos de música e a súa contorna que servirá como punto de partida para a produción dun dispositivo expositivo que será un dos resultados finais do proxecto.