Documentar

Ademais de localizalos, o proxecto tenta reunir a maior cantidade de información posible sobre cada palco. Para iso creamos unha base de datos na que recollemos datos que teñen que ver coa contorna no que se sitúa o palco, os elementos arquitectónicos e os materiais que se usaron na súa construción, pero tamén coa súa historia e os usos pasados e presentes. Medímolos, fotografámolos e rexistramos a súa localización exacta cunha GPS.

Epicollect5

Para capturar toda esta información no campo valémonos do Epicollect5. Trátase dunha  ferramenta que utiliza unha aplicación web e unha móbil para xerar cuestionarios e gardar as respostas (texto e multimedia). A información pode ser tomada con teléfonos Android e iPhones e analizada posteriormente en follas de cálculo ou mapas.

Cómo usar Epicollect5 para documentar os palcos de música

1

Descarga a app

É gratuita.

Está dispoñíbel para teléfonos e tablets Android, iPhones e iPads. 

Para mais información visita https://five.epicollect.net

2

Engade o proxecto no dispositivo

Accede a app

Preme “Engadir proxecto” na páxina de inicio da app.

Busca o proxecto PALCOS

Billa nel para descargalo 

Listo para comenzar! 

3

Recolle os datos do palco.

Selecciona o proxecto PALCOS. 

Preme “Añadir entrada” e comeza a responder o formulario. 

Garda a entrada cando acabes

[Completa aquelas entradas que saibas. Se hai información que non sabes ou que non tes a man, deixa as preguntas sen contestar. Sempre podes editar e completar o formulario máis tarde se atopas a información que falta]

4

Sube o formulario ao servidor 

Podes traballar online ou offline: non é necesario estar conectado a Internet para traballar coa aplicación. 

Iso si, non te esquezas de subir o formulario ao servidor cando teñas conexión a Internet.