(Re)pensar a verbena

Xornada

(Re)pensar a verbena: novas e vellas formas de facer a festa en Galicia

Sábado, 9 de marzo de 2024

Centro de Emprendemento “A Estación”

Lugar de Galegos 28 | Santa Cruz de Ribadulla (Vedra)



As festas parroquiais son un elemento central na cultura popular galega. Hai tantas festas como parroquias, barrios ou lugares, e nelas mestúrase o relixioso co pagán, o musical co gastronómico, a tradición coa modernidade, o pasado proxectado ao presente e ao futuro. Estes festexos populares non só estruturan o ciclo anual da vida das localidades nas que se celebran, senón que son tamén espazos/tempos de construción dun sentido colectivo de pertenza ao territorio e á comunidade. Como fenómenos socio-culturais, as festas parroquiais son ademáis actos colectivos marcado pola sociabilidade, o gozo e a excepcionalidade, non exentos de conflitos nin de tensións e sensibles ás dinámicas de cambio social. Deste xeito, a transformación dos modos de facer e experimentar as festas en Galicia produciuse en paralelo á evolución da sociedade galega das últimas décadas. De que forma as festas populares adaptáronse aos problemas que afectan ao medio rururbano galego? Que respostas podemos dar dende a sociabilidade e o goce festivo ao declive demográfico, a diminución da vitalidade social e cultural das aldeas ou a desaparición da memoria e as identidades locais?

Esta xornadas teñen como finalidade reflexionar sobre estas e outras cuestións ao carón dos avances e inquietudes do proxecto de investigación “PALCOS. Cultura material e festa na paisaxe rururbana galega”. Con este fin reunimos a unha serie de persoas e colectivos vinculados de formas diversas á festa para unha conversación aberta sobre o pasado, presente e futuro das festas e verbenas en Galicia.


PROGRAMA

Mañá

[Sesión de traballo pechada ao público xeral. Se formas parte dalgunha asociación ou entidade vinculada ao universo das festas/verbenas e queres participar nesta xuntanza e posta en común de proxectos vencellados as festas, ponche en contacto connosco en palcos@incipit.csic.es]

10:30h | Presentación da xornada

11:00h | Sesión de traballo grupal dinamizada por Rexenerando Coop.

14:00 | Comida


Tarde

[Entrada libre. Podedes confirmar a vosa asistencia na seguinte ligazón]

16:00h | Mesa redonda «Ás voltas coa festa: arquitectura, comunidade, activismo e cambio social», con Outonía Coop, Fran Quiroga (O Gabinete, Concomitentes), Adela Vázquez (gestora cultural, UVigo) e Iago Carro (Ergosfera). Modera Iñigo Sánchez-Fuarros (INCIPIT, CSIC)

17:30h | Pausa

17:45h | Mesa redonda «As festas no Concello de Vedra», con Eva Vales (Santa Cruz de Ribadulla), Rubén Estevez (Vilanova), Otilia Otero (Vedra) e Iván García (San Miguel de Sarandón). Modera Henrique Neira (investigador e comisario da exposición «Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia»)

19:00h | Fin de festa co Quinteto da Escola de Música de Santa Cruz de Ribadulla + Concerto acústico de Sheila Patricia.


Colabora

Concello de Vedra

Centro de Emprendemento “A Estación”

Dinamiza

Rexenerando Coop

Financia

Axencia Galega de Innovación (GAIN) (Proyecto IN607D-2022-05)

Ministerio de Ciencia, Investigación y Universidades, Agencia Estatal de Investigación (Proxecto PID2020-118696RB-I00 e Axuda RYC2018-026083-I)