Palcos en Festa! Celebrando o Patrimonio Festivo

Venres, 24 de outubro de 2025 | 18h00-20h00
Couso (campo da festa), A Estrada, Pontevedra
«Palcos en Festa» xorde como culminación do traballo de investigación do proxecto PALCOS que busca poñer en valor os palcos como elementos únicos do noso patrimonio material e inmaterial. Ao longo desta tarde aberta ao público, presentaranse os achados e creacións desenvolvidas polo proxecto Palcos e os seus colaboradores, amosando como estas estruturas aparentemente simples encerran historias complexas de tradición, comunidade e identidade.
A xornada pretende ser máis ca unha presentación: busca xerar conversas significativas entre persoas da academia e o tecido social que fai posible cada festa, creando pontes que enriquezan a comprensión mutua do noso patrimonio festivo. Será un espazo para descubrir, compartir e celebrar xuntos o traballo realizado.
Organiza: Proxecto PALCOS e Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT, CSIC)
Dinamiza: Rexenerando Coop
Colabora: Asociación de Veciños O Rueiro e A Xesteira Asociación (Couso, A Estrada)
Financia: Axencia Galega de Innovación (Ref. IN607D-2022-05) e Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades/Axencia Estatal de Investigación/10.13039/501100011033 (Ref. PID2020-118696RB-I00).
PROGRAMA
18h00 | Benvida e presentación da xornada
Rexenerando Coop
18h15 | PALCOS: Logros e perspectivas de futuro.
Íñigo Sánchez-Fuarros e Fátima Rodríguez-Porto, Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT, CSIC).
18h30 | O palco de Couso: patrimonio festivo e memoria colectiva.
Veciños e veciñas de Couso
19h15 | Feira de proxectos: Para que serve un palco?
Luis Díaz Díaz (fotógrafo) | «Caixas de música»
Xurxo Ínsua (profesor no IES Manuel García Barros) | «Aprendendo da Festa»
Matilde Meireles (artista sonora e investigadora) | «Arqueoloxía da festa»
Zósimo López (profesor na USC) | «Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia»
Candela Morado (investigadora no INCIPIT-CSIC e membro do Colectivo Agrocuir) | “O palco como escenario para outras festas posibles»
20.00h | Peche, cantos de taberna e foliada
Haberá barra da comisión

