Transformar a música en patrimonio

A Biblioteca de Galicia acolleu o venres 31 de maio de 2024 unha nova xornada técnica sobre patrimonio sonoro. Nesta ocasión, centrouse na importancia dos documentos sonoros e audiovisuais como parte fundamental do acervo cultural galego, a súa preservación e difusión.

Neste contexto presentamos a comunicación «A materialidade da verbena: cara unha arqueoloxía das festas parroquiais en Galicia», na que expuxemos a aproximación metodolóxica do proxecto, ao tempo que formulamos unha reflexión crítica sobre o concepto de patrimonio aplicado aos palcos de música.