Dentro das actividades de promoción do galego promovidas polo departamento de Galego e a Biblioteca da Escola Oficial de Idiomas de Ferrol, impartimos unha charla ao alumnado sobre o proxecto, incidindo na relación entre os cambios na festa e as transformacións máis profundas na sociedade galega. A presentación foi seguida dun animado intercambio no que as persoas asistentes compartiron as súas vivencias das festas dos seus lugares de orixe.
