Palcos en perspectiva: ollada colectiva e horizontes de futuro
Venres, 3 de outubro de 2025
10h30 – 14h00
CSC Maruxa e Coralia
Praza de Salvador Praga 4, Santiago de Compostela
Esta xornada interna de traballo teñe como finalidade presentar, dende unha perspectiva institucional, o percorrido do proxecto Palcos: dende a súa conceptualización inicial ata os resultados e conclusións obtidas ata o momento. Ao mesmo tempo, busca recoller o retorno e as achegas das participantes, tanto dende o ámbito institucional como profesional, creando un espazo de diálogo e reflexión conxunta. Finalmente, pretende explorar posibles vías de colaboración entre as profesionais e institucións convidadas a través do coñecemento mutuo, o intercambio de experiencias e a co-creación de futuras iniciativas.
Participan:
Leira Haus
O Gabinete
Rexenerando Coop.
Fundación Juana de Vega
Concello de Vedra
Agrocuir










