Obradorios Setembro

Nestes obradoiro queremos presentar as bases dun proxecto de investigación que pretende localizar, catalogar e documentar os palcos da música construídos en Galicia a partir da década dos 70, así como recoller as historias, memorias e relatos que circulan ao redor deles. Xeraremos un espazo de diálogo onde, a través dunha dinámica participativa, compartiremos coñecementos e experiencias sobre estas construcións, os seus usos sociais e as transformacións que tiveron ao longo do tempo. Achegarémonos á ferramenta de mapeamento dixital do proxecto para convidar ás participantes a colaborar na procura e identificación de palcos polo territorio galego.

OURENSE

19 de Setembro / 2023

18:00h | Algaravia Asociación cultural | Praza da Estrela (Ourense)


LUGO

20 de Setembro / 2023

18:00h | Templete de Monterroso | Praza do Froito, Monterroso (Lugo)

INSCRICIÓNS

https://forms.gle/uUZHAKyPddbCHMZ18

COLABORAN

Algaravia Asociación cultural

GIDEP (Universidad de Vigo)

Colectivo Agrocuir da Ulloa

Rede Museística Provincial de Lugo