Obradoiro en Monterroso

Palco de Música, Novelúa (Monterroso, Lugo)

Neste obradoiro queremos presentar as bases dun proxecto de investigación que pretende localizar, catalogar e documentar os palcos da música construídos en Galicia a partir da década dos 70, así como recoller as historias, memorias e relatos que circulan ao redor deles. Xeraremos un espazo de diálogo onde, a través dunha dinámica participativa, compartiremos coñecementos e experiencias sobre estas construcións, os seus usos sociais e as transformacións que tiveron ao longo do tempo. Achegarémonos á ferramenta de mapeamento dixital do proxecto para convidar ás participantes a colaborar na procura e identificación de palcos polo territorio galego.


30 de Novembro | 2023

18:00h | Centro Sociocultural de Monterroso | Monterroso (Lugo)


INSCRICIÓNS

Completa o seguinte formulario de inscrición nesta ligazón


COLABORAN

Agrocuir da Ulloa