O equipo do proxecto PALCOS participou no congreso bianual da Asociación Europea de Antropoloxía Social (EASA), que se celebrou en Barcelona a finais de xullo de 2024.
Tivemos a oportunidade de presentar o proxecto dentro dun panel sobre materialidad e atmosferas en contextos festivos que tamén coordinamos. Foi unha boa oportunidade para intercambiar puntos de vista con colegas que están a traballar tamén sobre as festas en contextos tan diversos como Chil, Perú, Italia ou Reino Unido.